A túa axencia de márketing en liña para toda Galicia
Planificamos e desenvolvemos as estratexias de márketing óptimas. Realizamos plans de empresa e de márketing, análise de mercado, análise da competencia, plans operativos...
Optimizamos sitios web para conseguir mellorar o posicionamento en buscadores como Google. Realizamos optimizacións SEO onpage, técnicas offpage e mellora de tempos de carga web WPO.
Somos expertos en publicidade en Internet, xestionamos campañas en buscadores como con Google Ads en redes display con banners ou a través de Redes Sociais con ou sen remarketing.
Xestionamos redes sociais, realizamos a estratexia de comunicación dos nosos clientes en Internet. Encargámonos do márketing de contidos e medimos os resultados obtidos.
Creamos campañas de márketing a través de email. Xestionamos as bases de datos de usuarios, deseñamos os correos, enviámolos e realizamos o seguimento das campañas.
Estudo dos resultados alcanzados en cada proxecto web e apps móbiles. Co estudo dos datos optimizamos a estratexia de cada negocio para mellorar os resultados obtidos.
Ofrecemos solución integrais de dixitalización e márketing
En COMUSYS dedicámonos ao desenvolvemento de tecnoloxías da información e o márketing dende Santiago de Compostela, Galicia. Temos unha ampla experiencia axudando a todo tipo de negocios a dixitalizarse e sacar o máximo partido á súa presenza en liña.
O noso principal obxectivo é axudar aos nosos clientes a adaptarse as tecnoloxías da información e do mercado en liña, coa dixitalización e establecemento dunha estratexia de márketing dixital orientada a resultados.
Se estás en Santiago de Compostela, en Galicia ou calquera outro lugar do mundo podemos axudarche. Realizamos tanto traballos presenciais como en liña cunha comunicación constante cos nosos clientes conseguindo establecer unha estreita relación. Podes poñerte en contacto connosco escribíndonos ou chamándonos, estamos a desexar coñecerche.
Estes clientes xa confiaron e traballaron connosco
Se queres un orzamento detallado de márketing dixital, deseño web ou consultoría tecnolóxica e de negocio podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.