/ Formación e mentoring
A analítica web é fundamental á hora de tomar decisións estratéxicas para calquera negocio. Grazas a este curso de analítica web o alumno poderá coñecer as principais ferramentas, especialmente centrámonos no uso de Google Analytics, ferramenta grazas á que poderemos coñecer o perfil dos usuarios que visitan a web, os produtos ou servizos máis interesantes e detectar como mellorar a web e o negocio.
Utilizar a analítica web para obter o máximo partido dun sitio web é esencial. Grazas a este curso o alumno aprenderá a utilizar e realizar o seguimento web coa ferramenta avanzada de xestión de etiquetas Google Tag Manager. Esta ferramenta permite configurar facilmente funcións e ferramentas de analítica avanzada, así como seguimento de campañas, análises do ROI, etc.
Curso de introdución e perfeccionamento de Microsoft Excel pensado especificamente para o seu uso na contorna da empresa e a economía. Este curso será impartido en colaboración coa Asociación Nova Economía e Empresa Tecnolóxica na Universidade de Santiago de Compostela.
Curso sobre a importancia da marca persoal, a súa creación e consolidación utilizando as redes especialmente LinkedIn, a maior rede profesional do mundo. Grazas a este curso, poderás conseguir sacar o máximo rendemento á túa presenza en Internet para conseguir traballo ou mellorar profesionalmente.
Entra na nosa plataforma de formación en liña. Todolos contidos dispoñibles