Cursos

/ Formación e mentoring

Ofrecemos a posibilidade de adquirir un coñecemento máis profundo sobre as técnicas e ferramentas utilizadas nas Tecnoloxías da Información e o Marketing Dixital. Para lograr o noso obxectivo formativo realizamos cursos, talleres ou seminarios a medida das necesidades das empresas ou organizacións.

A nosa oferta e accións formativas van complementadas con cursos, seminarios e talleres realizados en colaboración con empresas, asociacións, entidades de formación ou institucións para contribuír na difusión do coñecemento en base ás Tecnoloxías da Información e o Marketing Dixital.

Tamén ofrecemos formación específica sobre os nosos produtos tecnolóxicos, para que os nosos clientes obteñan o máximo proveito das solucións que se desenvolveron e implantaron na súa empresa.

Desenvolvemos diferentes plans ou accións formativas:

  • Formación a medida adaptándonos ás necesidades específicas de empresas ou organizacións, cun plan formativo propio.
  • e-Learning ou a distancia evitando incorrer en gastos de desprazamento, aforrando tempos e permitindo formación desde calquera lugar.
  • Formación in-Company desenvolvendo accións formativas dentro das empresas, para perfeccionar ou aumentar o coñecemento do persoal.
  • Consultoría e mentoring combinamos a formación con accións de consultoría TIC e marketing. Creamos plans de mentoring a medida para axudar aos nosos clientes a conseguir os seus obxectivos e o éxito.

Os nosos cursos

Curso de Negocios Dixitais

Curso de Negocios Dixitais

Curso principiantes

Este curso tratará dende os fundamentos do Marketing Online a unha visión das principais ferramentas nos diferentes medios como redes sociais ou a promoción web con técnicas básicas de posicionamento e optimización en buscadores. Por último, trataranse aspectos da analítica web. O curso oriéntase a unha introdución práctica para todo tipo de empresas e negocios en Internet.

  • Datas: 12 de Maio
  • Lugar: non dispoñible
  • Modalidade: Presencial
  • Duración: 6 horas
Curso de Marketing Dixital

Curso de Marketing Dixital

Curso principiantes/intermedio

Curso orientado a iniciarse no mundo do Marketing Dixital ou potenciar e afianzar os coñecementos neste ámbito. Trataranse temas como a estratexia en redes sociais, a optimización para buscadores SEO, introdución á xestión de campañas publicitarias en Internet, medición de resultados e analítica, así como a elaboración do Plan de Marketing Dixital.

  • Datas: Pendente
  • Lugar: non dispoñible
  • Modalidade: Presencial + Plataforma online
  • Duración: 45 horas presenciais
Curso de Redes Sociais

Curso de Redes Sociais

Curso principiantes/intermedio

Curso para aprender todo o funcionamento das Redes Sociais. Abordarase o funcionamento das principais Redes Sociais tanto para comunicación como para a xestión de campañas publicitarias, conseguindo potenciar a marca e buscando obter os mellores resultados para cada negocio. Aprende tódolos trucos e ferramentas que farán máis sinxelo o teu traballo.

  • Datas: Pendente
  • Lugar: non dispoñible
  • Modalidade: Presencial + Plataforma online
  • Duración: 30 horas presenciais
Curso de posicionamento SEO

Curso de posicionamento SEO

Curso avanzado

Neste curso achegarémonos a un elemento clave para calquera negocio, como é mellorar a visibilidade da marca en Google e outros motores de busca. Centrarémonos en tódalas técnicas e detalles que permitirán que un sitio web sexa máis doado de atopar en Internet.

  • Datas: Pendente
  • Lugar: non dispoñible
  • Modalidade: Presencial + Plataforma online
  • Duración: 30 horas presenciais
Curso de Google Adwords

Curso de Google Adwords

Curso avanzado

Curso para aprender a manexar en profundidade a principal ferramenta de xestión de publicidade en Internet como é Google Adwords. Este curso axudarache a xestionar campañas de forma eficaz grazas ao seu desenvolvemento teórico-práctico. Ademais, con este curso axudamos ao alumno a obter os coñecementos necesarios para obter a certificación en Google Adwords para axencias e profesionais do sector da publicidade e o marketing.

  • Datas: Pendente
  • Lugar: non dispoñible
  • Modalidade: Presencial + Plataforma online
  • Duración: 30 horas presenciais