/ Quen somos?
Somos unha consultoría multidisciplinar especializada en proxectos en servizos de Tecnoloxías da Información e Comunicación (Tics), e o desenvolvemento de negocios dixitais e en liña. Poñemos en marcha estratexias de Márketing Dixital, onde se centra a nosa experiencia.
Atopámonos en Santiago de Compostela, Galicia e temos presencia física en Donostia-San Sebastián, País Vasco dende onde buscamos satisfacer as necesidades de outsourcing de empresas e outras organizacións tanto localmente como a través da prestación de servizos a distancia, abarcando a prestación de servizos en toda España e no ámbito internacional.
Grazas á experiencia acumulada, a profesionalidade e bo facer do noso equipo, podemos asesorar e propor solucións eficientes para os nosos clientes.
Para ofrecer os nosos servizos e alcanzar o éxito dos nosos clientes, o noso equipo realiza tarefas de formación continua, que ligadas á experiencia adquirida permítelles desenvolver as accións de éxito necesarias na proxección do seu negocio.
Coñece un pouco máis como somos e como traballamos...