Marketing

/ Alcanzamos os obxectivos do teu negocio

O éxito dun proxecto ou empresa radica principalmente na planificación da estratexia adecuada para alcanzar os obxectivos que nos fixamos. Con todo, en moitas empresas de pequena envergadura esta visión estratéxica ou ben non se desenvolve ou non se leva á práctica.

En COMUSYS axudámoste a poñer en práctica o proceso de definición e elaboración da estratexia para alcanzar os obxectivos do teu negocio ou proxecto, desenvolvendo plans realistas e realizables nos diferentes niveis operativos do teu negocio.

Creamos planes de negocio e de marketing integrais. Analizamos o entorno, a competencia e os aspectos crave internos do negocio para crear unha análise DAFO a partir da cal establecer a estratexia a seguir e planificar a operativa e os recursos necesarios para a súa implantación.

Axudámoste?Estratexia de negocio

Marketing Estratéxico

Marketing dixital

Somos especialistas no desenvolvemento de estratexias e marketing dixital. Conscientes da importancia das tecnoloxías da información e da comunicación para calquera empresa ou proxecto, ofrecémosche un servizo adaptado ás necesidades deste medio. Axudámoste ca túa dixitalización para que consigas alcanzar os teus obxectivos da forma máis eficiente empregando toda a tecnoloxía o teu alcance.

Optimizamos páxinas web e realizamos estratexias de posicionamento SEO para mellorar as posición en motores de procura aumentando as conversións.

Xestionamos e deseñamos as túas campañas de publicidade online en buscadores, banners en medios e redes sociais. Creamos campañas de remarketing.

Creamos estratexias específicas para dispositivos móviles como smartphones e tablets. Aproveitamos todas as vetaxas do marketing en mobilidade.

Xestionamos e dinamizamos comunidades en redes sociais, creamos a túa comunidade para chegar a novos clientes potenciais e fidelizar os actuáis.

Campañas de marketing directo por correo electrónico para captar e fidelizar clientes aportando contido de valor para os usuarios.

Empregamos as principais ferramentas de analítica web e apps para crear informes de valor para a toma de decisión e optimizar resultados.

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso