Analítica web

/ O éxito en números

En calquera proxecto ou páxina web online necesítase poder medir o impacto da estratexia de marketing dixital e as accións que se están levando a cabo. Para poder levar a cabo esta medición utilízanse ferramentas de analítica web.

Tan importante como poder medir, é que os resultados da medición sexan correctos, cousa que non sempre sucede o que pode provocar que os datos estean distorsionados e provocar toma de decisións erróneas.

Somos expertos na implementación e configuración avanzada das principais ferramentas de analítica web. Configurámosche ferramentas como Google Analytics ou Piwik en función das necesidades do teu negocio para obter información fiable do comportamento dos teus clientes e usuarios.

Ademais, ofrecémosche a posibilidade de contratar o noso servizo de análise e interpretación de datos sempre que o necesites para sacar o máximo partido á túa estratexia de marketing dixital.

Analítica web

Configuración analytics

Configuramos a túa ferramenta de analítica web para obter resultados fieis. Creamos configuracións avanzadas, conversións, eventos, seguimento de e-Commerce, vendas ou segmentacións avanzadas.

Integración e reportes

Creamos reportes automáticos ou os integramos con outras aplicacións para ofrecer os datos ao cliente de forma sinxela. Integramos con ferramentas como Google Data Studio, Google Adwords...

Análise de resultados

Analizamos os resultados das ferramentas instaladas. Analizamos o funcionamento da web, a experiencia de usuario, o embude de conversións e o comportamento xeral.

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso