Estratexia de negocio

/ Planificación estratéxica

A planificación estratéxica é unha ferramenta fundamental que permite ás empresas atender correctamente as necesidades dos seus clientes, definir os seus principais obxectivos, propósitos ou metas, así como os plans de acción para conseguilos nun mercado en constante cambio.

A correcta planificación dunha estratexia de negocio adecuada poderá axudarche a conseguir unha vantaxe competitiva fronte á competencia, podendo adiantarte e conseguir un maior peso no mercado ao que te dirixes.

En COMUSYS podemos axudarte na planificación da túa estratexia de negocio. Elaboramos plans de negocio integrais, plans marketing estratéxico e marketing dixital, para axudarte a conseguir os obxectivos do teu negocio.

Estratexia de negocio dixital

Plans de negocio

Se estás a empezar necesitarás desenvolver un plan de negocio. Axudámoste a definir as túas metas e a planificar as accións para a súa consecución.

  • Elaboración de proxectos executivos
  • Desenvolvemento de plans estratéxicos
  • Creación de plans orzamentarios
  • Plans de viabilidade financeira
  • Estudos de continuidade de negocio
  • Análise de datos e resultados

Plans de marketing

Elaboramos o plan de marketing do teu negocio que che permita definir e implantar as accións necesarias para alcanzar ao teu público obxectivo e fidelizalo.

  • Análise da competencia
  • Desenvolvemento de marca e naming
  • Análise de servizos e provedores
  • Segmentación de mercado
  • Estudo do público obxectivo
  • Deseño de accións estratéxicas

Plans de Marketing dixital

Somos expertos en strong <>Marketing Online. Desenvolvemos a túa estratexia personalizada de negocio en internet para alcanzar os teus obxectivos.

  • Optimización web e SEO
  • Xestión de publicidade online
  • Plan de Redes Sociais
  • Estratexia de E-mail marketing
  • Marketing para móbiles e apps
  • Medición de resultados web

Identidade corporativa

Axudámoste a definir a identidade do teu negocio. Crea un proxecto con personalidade propia, cun nome adecuado e define o público objetico da túa empresa de forma precisa.

Branding & Naming

Escolle o nome máis adecuado para o teu negocio, axudámoste coa elección do nome, o deseño do logotipo e os trámites de rexistro de marca ou nomes de dominio en Internet.

Reputación online

Controla o que se di de ti en Internet e comunica de primeira man o que queres que se saiba sobre ti. Xestionamos marcas e a súa reputación online a través de todos os medios de Internet.

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso