Landing pages

/ Sitios web promocionais

Cando tes un obxectivo definido, especialmente de captación de leads ou o test de venda dun produto concreto, crear unha landing page é unha solución áxil e que xera resultados de forma inmediata en canto comezamos a recibir visitas na páxina.

Para que a túa landing page funcione de forma óptima é necesario xerar tráfico directamente e desde o primeiro momento, unha forma de conseguir este tráfico cualificado é combinando este servizo coa contratación dunha campaña de publicidade online, especialmente co servizo de Google Adwords facendo anuncios no buscador. Desta forma, nun período de tempo curto, poderás comezar a xerar leads desde o primeiro momento.

Deseñamos a túa páxina de aterraxe e ofrecémoste todos os servizos asociados que necesites para levar a cabo a campaña, como o servizo de xestión da conta publicitaria. Se necesitas máis información ou asesoramento consúltanos.

Landing Pages

Xeración Leads

Un dos obxectivos dunha landing page é a xeración de leads a través da inscrición en formularios. Ao ser unha landing orientada a ese obxectivo será máis fácil conseguir os leads.

Mellora conversión

Cunha páxina de destino optimizada para a túa campaña publicitaria, como con Google Adwords, obterás prezos de poxa máis competitivos e mellores resultados de conversión.

Test de produto

Combinando a landing page con tráfico de pago, realizamos tests de produtos sen necesidade de realizar un gran investimento e obtendo resultados reais do mercado online.

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso