/ Estratexia de negocio en liña
Axudámoste a definir a estratexia en liña a seguir pola túa empresa para alcanzar os obxectivos que fixes. Creamos o teu plan de Márketing Dixital como parte da estratexia xeral de negocio. Buscamos as túas vantaxes competitivas para poñelas en valor e axudámoste a fortalecer aquelas debilidades dixitais para que saques o máximo partido á túa presenza en liña.
Para o desenvolvemento do Plan de Márketing Dixital, debes ter presente que debe ir acorde coa estratexia xeral de Márketing do teu proxecto ou empresa de forma que as accións e estratexias se complementen e reforcen entre si para lograr o obxectivo empresarial.
Unha vez elaborado o Plan Dixital pasaremos a implementar as accións concretas utilizando diferentes ferramentas, técnicas e medios en liña para o desenvolvemento concreto da estratexia como o posicionamento SEO, a publicidade en liña, as campañas de email márketing ou a xestión e dinamización de redes sociais.
Como parte final do Plan de Márketing Dixital, analizamos e avaliamos o impacto das diferentes accións para optimizalas a cada segmento de mercado e conseguir unha maior eficiencia en cada acción de márketing en liña.
Optimizamos sitios web para mellorar as posicións en buscadores e aumentar o tráfico web, así como para mellorar a experiencia de usuario e a usabilidade para aumentar as conversións.
Deseñamos e optimizamos campañas de publicidade en liña a través de diferentes medios. Centrámonos na consecución de resultados en conversións ou notoriedade en campañas de branding.
Creamos estratexias de Márketing optimizadas para móbiles. Deseñamos a túa estratexia en liña con accións específicas orientada ás particularidades dos teléfonos móbiles e tabletas.
Creamos e xestionamos redes sociais e comunidades de usuarios en liña. Analizamos a mellor estratexia a seguir para a presenza en medios sociais do teu proxecto ou negocio.
Realizamos campañas de márketing directo a través de correo electrónico para a captación de novos clientes e fidelizar aos actuais. Achega contido con valor engadido aos teus usuarios.
Creamos informes de analítica web, apps móbiles ou redes sociais, para proporcionar información que achegue valor para a toma de decisións e controlar a consecución dos obxectivos esperados.
Se queres un orzamento detallado de márketing dixital, deseño web ou consultoría tecnolóxica e de negocio podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.