/ Solucións para móbiles
Os dispositivos móbiles convertéronse na principal ferramenta para interactuar en Internet. Ademais, os usuarios de smartphones, utilizan case na súa totalidade Internet a diario, o que supón unha gran oportunidade de negocio para as empresas.
Actualmente crece de maneira continua o uso deste tipo de dispositivos durante o proceso de compra ou na contratación de servizos, ben sexa para completar as compras ou como medio complementario para consultas.
Axudámoste a estar presente de forma óptima no mundo que rodea á tecnoloxía móbil a través do desenvolvemento de estratexias de márketing móbil, adaptando as accións convencionais do márketing aos hábitos de uso e consumo máis relevantes realizados desde este tipo de dispositivos.
Deseñamos páxinas web específicamente para teléfonos móbiles e outros dispositivos como tabletas ou wearables. Centrámonos en ofrecer unha experiencia de usuario adecuada e intuitiva.
Xestionamos campañas de publicidade especificamente para teléfonos móbiles, tabletas e wearables, deseñando e optimizando as campañas para obter os mellores resultados desde estes dispositivos.
Realizamos accións de posicionamento de apps nas principais tendas en liña para xerar descargas e chegar a máis usuarios. Axudámoste a monetizar a túa aplicación a través de diferentes estratexias.
Se queres un orzamento detallado de márketing dixital, deseño web ou consultoría tecnolóxica e de negocio podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.