Marketing dixital

/ Estratexia de negocio online

Axudámoste a definir a estratexia online a seguir pola túa empresa para alcanzar os obxectivos que fixes. Creamos o teu plan de Marketing Dixital como parte da estratexia xeral de negocio. Buscamos as túas vantaxes competitivas para poñelas en valor e axudámoste a fortalecer aquelas debilidades dixitais para que saques o máximo partido á túa presenza online.

Para o desenvolvemento do Plan de Marketing Dixital, debes ter presente que debe ir acorde coa estratexia xeral de Marketing do teu proxecto ou empresa de forma que as accións e estratexias se complementen e reforcen entre si para lograr o obxectivo empresarial.

Unha vez elaborado o Plan Dixital pasaremos a implementar as accións concretas utilizando diferentes ferramentas, técnicas e medios online para o desenvolvemento concreto da estratexia como o posicionamento SEO, a publicidade online, as campañas de email marketing ou a xestión e dinamización de redes sociais.

Como parte final do Plan de Marketing Dixital, analizamos e avaliamos o impacto das diferentes accións para optimizalas a cada segmento de mercado e conseguir unha maior eficiencia en cada acción de marketing online.

Marketing dixital e posicionamento web

Optimizamos sitios web para mellorar as posicións en buscadores e aumentar o tráfico web, así como para mellorar a experiencia de usuario e a usabilidade para aumentar as conversións.

  • Optimización para SEO técnico
  • Mellora de tempos de carga web
  • Optimización de contidos
  • Optimización de conversións
  • Xestión de enlaces linkbuilding
  • Monitorización de SERPs

Deseñamos e optimizamos campañas de publicidade online a través de diferentes medios. Centrámonos na consecución de resultados en conversións ou notoriedade en campañas de branding.

  • Publicidade en buscadores Pay per
  • Publicidade redes display con banners
  • Publicidade display por poxas RTB
  • Campañas por captación de leads
  • Campañas por comisións de venda
  • Patrocinios exclusivos

Creamos estratexias de Marketing optimizadas para móbiles. Deseñamos a túa estratexia online con accións específicas orientada ás particularidades dos teléfonos móbiles e tabletas.

  • Promoción de apps (ASO) e publicidade
  • Publicidade optimizada a móbiles
  • Publicidade por SMS, MMS...
  • Gamificación e Advergaming
  • Marketing de proximidade
  • Xeolocalización

Creamos e xestionamos redes sociais e comunidades de usuarios online. Analizamos a mellor estratexia a seguir para a presenza en medios sociais do teu proxecto ou negocio.

  • Xestión de redes sociais
  • Dinamización de comunidades
  • Xestión da reputación online
  • Publicidade en redes sociais

Realizamos campañas de marketing directo a través de correo electrónico para a captación de novos clientes e fidelizar aos actuais. Achega contido con valor engadido aos teus usuarios.

  • Deseño de campañas de mailing
  • Xestión de campañas de mailing
  • Reporting e analítica de resultados
  • Integración de sistemas de maling

Creamos informes de analítica web, apps móbiles ou redes sociais, para proporcionar información que achegue valor para a toma de decisións e controlar a consecución dos obxectivos esperados.

  • Configuración avanzada de analítica
  • Creación de segmentos e eventos
  • Reporting automático semanal, mensual...
  • Informes a medida segundo necesidades

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso