Posicionamento SEO

/ Posicionamento natural en buscadores

Cando un usuario realiza unha procura a través de Internet faino en función dunha serie de palabras clave ou frases, para o noso proxecto será fundamental aparecer por estes termos relacionados antes que a competencia nos resultados dos buscadores, desta forma conseguiremos máis tráfico á nosa web e poderemos lograr os nosos obxectivos.

Para conseguir aparecer o máis arriba posible nos resultados do buscador (SERP) para unhas determinadas palabras clave é necesario levar a cabo unha estratexia dixital de posicionamento web, o que coñecemos como Search Engine Optimization (SEO).

O SEO consiste en aplicar determinas técnicas e accións que optimicen o noso sitio web para mostralo o máis relevante posible ao usuario, así como tecnicamente rápido e eficiente logrando que os buscadores nos favorezan nos seus resultados coas posicións máis altas.

En COMUSYS somos expertos en optimización de páxinas web para conseguir aumentar o posicionamento web, SEO. Se queres que te axudemos a mellorar a visibilidade do teu sitio web consúltanos e estableceremos a estratexia SEO que mellor se adapte ao teu negocio.

Posicionamento web SEO

Auditoría de Keywords

Buscamos as palabras clave máis relevantes para o teu negocio. Elaboramos auditorías ad-hoc segundo as túas necesidades para descubrir que aspectos da túa web poden prexudicarte no posicionamento.

Auditoría

Auditamos a túa páxina web para coñecer en detalle tódolos aspectos que están a influír no seu posicionamento para realizar ou proporte as melloras oportunas que mellorarán a túa SEO.

SEO técnico

Analizamos e melloramos os aspectos técnicos da túa páxina web, melloramos o código, optimizamos as imaxes ou engadimos etiquetas que faltan como meta titles, descriptions ou atributos ás imaxes.

WPO: Velocidade de carga

Optimizamos o código da túa páxina web e instalamos sistemas de caché para conseguir que a túa páxina web voe. A velocidade é un factor fundamental para lograr un bo posicionamento web.

Link Building

Internet é unha rede de enlaces entre páxinas web. Os enlaces son vitais para o posicionamento SEO, por iso establecemos a túa estratexia de creación de enlaces de forma natural para potenciar os teus resultados.

Contido

Creamos contido optimizado ou creamos un novo centrándonos nas palabras clave relevantes para o teu proxecto, cun estilo que transmita a túa personalidade. Os nosos contidos son orixinais e de calidade.

SEO local

Axudámoste a conseguir as mellores posicións en SEO local. O SEO local é fundamental para moitos negocios xa que os resultados locais, a través do mapa, aparecen antes que os resultados orgánicos.

Posicionamento ASO

Ofrecemos posicionamento para aplicacións móbiles nas principais tendas de apps. Melloramos a túa posición e optimizamos a túa presenza na Play Store para Android ou a App Store para iOS.

Penalizacións

Cres que a túa páxina web pode estar penalizada nos buscadores? Analizamos o teu caso e propómoste solucións que axuden a mitigar o problema de estar penalizado nos buscadores.

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso