/ Publicidade en redes sociais
O noso servizo de publicidade en medios sociais ou social media axúdate a xerar resultados inmediatos nestas plataformas. Conectamos os teus produtos ou servizos con miles de clientes potenciais que poden estar interesadas. Axudámoste a aproveitar a forma de publicidade máis rendible e cunha segmentación máis concreta que existe na actualidade.
A publicidade en redes sociais é a publicidade máis rendible actualmente, cun investimento moi inferior á publicidade en medios convencionais pode chegarse a un gran número de usuarios. Ademais, a publicidade en redes sociais permite unha segmentación detallada creando perfís concretos de usuarios aos que impactar cos anuncios ou crear listas de remarketing para impactar a usuarios que xa visitaron a túa web.
Creamos e xestionamos campañas de publicidade nas principais redes sociais como Facebook, Instagram, Twitter, Pinterest ou LinkedIn para chegar ao teu público obxectivo e axudarte a conseguir resultados acordes aos teus obxectivos.
Chega a grandes audiencias interesadas na túa marca e nos teus produtos, aumenta o tráfico aos teus artigos, blog, e contido optimizado para móbil ou vídeo.
Xera grandes volumes de clientes potenciais mellorando o ROI do teu investimento a través das campañas en redes sociais optimizadas.
Conecta cos teus clientes nas diferentes etapas do embude de vendas a través das redes sociais e xera vendas en liña con Social Ads.
Se queres un orzamento detallado de márketing dixital, deseño web ou consultoría tecnolóxica e de negocio podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.