/ Sistema de reservas web
Ofrecemos unha solución para xestionar as reservas da túa empresa. Temos o noso propio motor de reservas para conseguir no teu sitio web optimizar as conversións e máis vendas directas.
Reduce a dependencia das OTAs ou os metabuscadores centrando os teus esforzos na venda directa con menores custos para o teu negocio.
A nosa solución centrada no usuario maximiza os resultados grazas ao seu deseño multipantalla sinxelo de utilizar e intuitivo.
Motor de reservas optimizado para hoteis
Centrado no usuario para favorecer as reservas directas do teu hotel. Mínimos pasos e sen complicacións para centrarnos no obxectivo de conseguir máis vendas.
O noso motor de reservas de basea na nube. Contamos coas últimas medidas de seguridade e servidores de alta capacidade para garantir a dispoñibilidade do servizo.
Deseño coidado e funcional adaptado a todo tipo de pantallas grazas ao deseño responsive que garante unha gran experiencia de uso independentemente do dispositivo utilizado.
Estilos personalizados para cada web. Personalizamos o noso motor para integralo totalmente co teu deseño web ofrecendo unha solución adaptada á imaxe do teu negocio.
O noso motor de reservas conta con multitude de idiomas para adaptarnos aos mercados obxectivo do teu negocio. Se un idioma non está dispoñible consúltanos e estudámolo.
Temos integración coas principais pasarelas de pago para permitir o pago directo das reservas a través das diferentes plataformas existentes como paypal ou tarxeta bancaria.
Compatible con múltiples integracións de software de xestión de reservas, e se non o é estudamos o teu caso para analizar as posibilidades de integralo co teu sistema.
Mantemos o motor actualizado de forma constante. Grazas a ser unha solución na nube actualizamos o motor para mellorar as prestacións de forma periódica.
Medimos todas as accións que teñen lugar dentro do motor para que coñezas como se comportan os teus usuarios. Ademais, utilizamos o know-how para mellorar o motor de reservas.