SuiteCRM

/ Xestión de clientes

SuiteCRM xestión de clientes

A multipremiada aplicación para a xestión das relacións cos clientes que se adapta a calquera empresa ou requirimento.

SuiteCRM permítenos automatizar as actividades da forza de vendas, integrar ferramentas de marketing e administrar as contas.

Consegue que o teu equipo traballe de forma máis eficiente e ordenada, coñece aos teus clientes en profundidade e xestiona dende o mesmo lugar os teus produtos, orzamentos, contratos e facturas.

Consúltanos

Descarga o dossier informativo

Xestión de clientes

Controla e optimiza a túa forza de vendas

Flexible

SuiteCRM ofrece grandes opcións de personalización e integración con outras aplicacións, o que o converte na opción perfecta para calquera empresa.

Móbil

A súa interface responsive permite o acceso dende calquera dispositivo móbil. Mantén á forza de vendas conectada coa oficina e axiliza así as xestións.

Sinxelo

A súa interface de usuario é intuitiva e centrada no cliente, os equipos de vendas e marketing. Impleméntao entre todo o teu equipo de maneira rápida e sinxela.

Seguro

De maneira constante realízanse actualizacións inspiradas pola comunidade de usuarios para mellorar a seguridade e cumprir coas expectativas día a día.

Aforro

Con SuiteCRM goza de menos custos de implementación, personalización e soporte dos que terías con provedores de software privativo.

Robusto

É un software mellorado de SugarCRM, un dos CRM máis utilizados no mundo. As habituais actualizacións e o seu alto número de usuarios son garantía.