Consultoría TIC

/ Tecnoloxía de vangarda

Toda empresa necesita facer uso das tecnoloxías da información, sistemas informáticos e automatización de procesos para mellorar a produtividade. As Tecnoloxías da Información e Comunicación convertéronse en elementos clave en calquera actividade empresarial e brindan novas opcións para facer fronte a un mundo cada vez máis globalizado e competitivo, permitindo estender calquera empresa a un mercado global.

Axudamos ás empresas a que se concentren na súa actividade principal grazas ao outsourcing, derivándonos a nós as actividades técnico-informáticas da empresa. Encargámonos da estratexia tecnolóxica dos teus sistemas, adaptándoos ao novo modelo de economía e reducindo a distancia cos teus usuarios e/ou clientes, permitindo o acceso a un mercado potencial maior grazas ás novas canles de comunicación.

O noso servizo de consultoría TIC transversal busca axudar e asesorar a empresas e emprendedores, converténdonos nun socio tecnolóxico que achega valor e coñecemento no uso de sistemas informáticos na empresa e na nube. Con este fin ofrecemos unha ampla gama de produtos e servizos, que se adaptan ás necesidades de cada cliente.

Consultoría en tecnoloxías da información e comunicación

Instalación e mantemento de todo tipo de sistemas informáticos e redes. Equipos informáticos, software, redes inalámbricas WiFi, redes privadas corporativas, servidores corporativos, intranets, extranets...

Asesorámoste para a implantación do software adecuado para o teu negocio. Especializámonos en solucións de xestión empresarial ERP, CRM, xestión de proxectos e documental.

Emprega diferentes entornos de traballo aislados e aumenta a flexibilidade grazas á virtualización de sistemas. Ofrecemos solucións tanto na nube públicas como privadas.

Soporte técnico remoto e presencial para a túa empresa con persoal técnico capacitado. Traballamos coa mellor solución de xestión remota. Dispoñemos de cobertura nacional adaptándonos as túas necesidades.

Ofrecémoste un servizo de copias de seguridade, tanto para servidores cloud como para servidores aloxados dentro da propia empresa. Backups seguros e cifrados almacenados localmente ou remotamente.

Prestamos todo tipo de Servizos integrais de monitorización, control e seguridade para sistemas e redes informáticas. Ofrecemos defensa en tempo real, confianza dixital e xestión de amenazas.

Realizamos auditorías de sistemas e redes para verificar a seguridade e integridade da infraestrutura tecnolóxica da túa empresa. Buscamos solucións e recomendacións para optimizar o teu negocio.

Reemplaza a túa liña analóxica ou dixital por unha liña SIP de Voz IP e desfruta dun servizo de telefonía IP con múltiples funcionalidades como centralita virtual ou servizos web-to-call.

Cumpre cos requisitos legais en Internet. Ter unha web aberta require unha responsabilidade legal en diferentes ámbitos. Axudámoste a cumprir con todos os requisitos legais e evitar sorpresas.

Axudámoste?

Presupuesto a medida

Se queres un orzamento detallado de márketing dixital, deseño web ou consultoría tecnolóxica e de negocio podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso