/ Cumpre coa legalidade
Calquera empresa ou proxecto con páxina web ou negocios en Internet, desde a entrada en vigor da Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE, Lei 34/2002 de 11 de xullo) deben cumprir unha serie de requisitos. Ademais, para o procesamento de datos de carácter persoal tamén debe cumprir coa lexislación en materia de Protección de Datos e no caso de tendas en liña coa lexislación en materia de consumo.
Ofrecémoste asesoramento ou verificar e adecuar os teus servizos á legalidade vixente e así evitar as cuantiosas consecuencias do seu incumprimento.
Realizamos auditorías e implementamos as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos datos que se obteñen na túa empresa por procedementos electrónicos e web.
Redactamos os documentos de seguridade conforme ás prescricións legais, así como as cláusulas legais para aceptación por parte dos usuarios que utilicen e cedan os datos na túa web e aplicacións.
A Lei de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSICE) establece as obrigacións, responsabilidades, infraccións e sancións daquelas persoas e/ou empresas que teñen unha páxina web ou que operan a través de Internet e medios electrónicos.
Para cumprir con estes requisitos legais, a túa páxina web ou aplicacións necesita dunha adecuación legal, a cal dependerá dos servizos ofrecidos. Nós estudamos o teu caso e encargámonos diso.
Na lexislación de Protección de Datos Persoais establecen unhas obrigacións relativas á recollida dos datos, consentimento, almacenaxe, conservación, uso, comunicación ou cesión de datos, acceso, rectificación, creación de ficheiros, medidas de seguridade técnicas e organizativas, etc.
A gran maioría de empresas, recollen información persoal e confidencial, a través dos seus sistemas informáticos, a cal debe ser tratada de acordo á lexislación vixente de aplicación.
Se queres un orzamento detallado de márketing dixital, deseño web ou consultoría tecnolóxica e de negocio podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.