/ Analizamos os seus sistemas e redes
A auditoría tecnolóxica é unha forma de identificar as principais esixencias, necesidades, debilidades e fortalezas dunha empresa, institución ou organización no ámbito dos seus sistemas de información e redes de comunicación. Con ela obtéñense cales son as principais necesidades do negocio e pódense establecer que tecnoloxías son as apropiadas para satisfacer de maneira óptima esas necesidades.
A Auditoría tecnolóxica é un bo camiño para pescudar a forma en que se poderían optimizar os procesos e procedementos internos da empresa a través do uso adecuado das tecnoloxías.
Realizamos auditorías e informes sobre as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos sistemas de información, as cales están intimamente relacionadas coa dispoñibilidade, confidencialidade e integridade da información tratada polos ordenadores e redes de comunicación. A información e os sistemas que a soportan constitúen activos valiosos e importantes para as empresas e as institucións.
Analizamos os riscos dos seus servizos e datos corporativos, para que cumpran con todos os requisitos técnicos á vez que están conformes á legalidade vixente que sexa esixible a cada caso.
Se queres un orzamento detallado de márketing dixital, deseño web ou consultoría tecnolóxica e de negocio podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.