Ciberseguridade

/ Seguridade para a túa empresa

A seguridade informática é un elemento de crucial importancia para calquera empresa hoxe en día. Proporcionamos aos nosos clientes unha xestión activa da súa seguridade, un servizo transversal a calquera outro servizo de sistemas, redes ou aloxamento na nube.

Creamos solucións a medida de cada necesidade e damos un servizo baseando na nosa experiencia técnica, o que fai que podamos abordar calquera proxecto que requira unha solución segura, complexa e de alta dispoñibilidade.

Ademais, somos especialistas na elaboración de copias de seguridade a través de Internet. Aplicamos modelos de seguridade adaptables ás necesidades de cada tipo de cliente: autónomos, Pemes, Administracións Públicas ou grandes compañías.

Seguridade de sistemas informáticos

Redes seguras e VPN

Ofrecemos solucións de rede segura con redes segmentadas e acceso remoto seguro e cifrado. Ademais, establecemos políticas de seguridade en equipos finais e de acceso ao sistema.

Devasa (Firewalls)

Configuramos e implementamos devasa para a túa infraestrutura. Firewalls para defensa perimetral da rede, por segmentos de rede ou para o control de conexión de aplicacións.

Detección de amenazas

Prepara a túa empresa para facer fronte ao risco e acelerar o proceso de descubrimento de ameazas. Utilizamos os principais softwares de detección e prevención de ameazas.

Axudámoste?

Presupuesto a medida

Se queres un orzamento detallado de márketing dixital, deseño web ou consultoría tecnolóxica e de negocio podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso