Copias de seguridade

/ Solicitar para a información

A información é un activo moi importante para calquera empresa ou negocio. Unha perda de información sensible pode supoñer para unha empresa un problema crítico que pode terminar desencadeando problemas de gran calado con clientes e mesmo caer en períodos de inactividade ou multas por parte das autoridades se se perden datos especialmente sensibles.

Ofrecémosche solucións para que poidas realizar copias de seguridade das túas plataformas e equipos aloxadas tanto fose como dentro da túa empresa. Poñemos en marcha un sistema de copias de seguridade adaptado ás túas necesidades tanto para servidores físicos ou virtuais, escritorios, dispositivos móbiles, páxinas web, etc.

Asesorámosche para implementar a solución de copias de seguridade que mellor se adapte ás necesidades da túa empresa. Creamos un orzamento segundo as túas necesidades.

Copias de seguridade

Almacenamento

Copias de seguridade locais e na nube para ter sempre dispoñible unha copia dos teus datos. Sincroniza a información dos teus cartafoles e arquivos para garantir a información.

Copias a medida

Copias en función das túas necesidades: completas, incrementales, diferenciais... Programación a medida de cada empresa coa frecuencia desexada: mensual, semanal, diaria, cada hora...

Cifrado seguro

Copias de seguridade con contrasinal e cifrado de datos AES-256, tanto na transferencia como os datos almacenados, para garantir o cumprimento de normativas vixentes.

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso