/ Solucións para negocios
Ofrecemos solucións de software e asesoramento para empresas, recomendámoste o software que mellor se adapte ao teu negocio en función das túas necesidades e obxectivos. Especializámonos en programas de xestión e planificación empresarial integral ERP, xestión de clientes e vendas CRM, Márketing Automation ou software para xestión de proxectos.
Encargámonos da implementación, configuración e parametrización dos teus sistemas, formación dos usuarios, asesoría e consultoría ou desenvolvementos a medida, tanto solucións integrais, como módulos ou adaptacións para sistemas existentes baseados en software libre que che permitan aumentar a produtividade do teu negocio e aproveitar todo o potencial do teu persoal.
Os sistemas ERP axudaranche a aumentar a produtividade, conectando ás persoas coa información que necesitan. Para isto os sistemas ERP contan con módulos moi diversos para aproveitar todo o potencial do teu equipo humano.
Consegue clientes satisfeitos, organiza a captación e retenos grazas a un software CRM. Supera as expectativas dos teus clientes e ofrécelles unha atención personalizada grazas a un potente software CRM para o teu negocio.
Implementación de software para a xestión administrativa de negocios como a suite DelSol (FactuSOL, ContaSOL, NominaSOL...), tan coñecida no mercado español para a xestión empresarial.
Asesoramiento e implementación para a túa empresa do software de oficina que mellor se adapte as túas necesidades. Traballamos coas principais Suites ofimáticas do mercado.
Analizamos e implementamos a mellor solución hotelera para a xestión do teu hotel. Traballamos co mellor software de xestión hotelera PMS con motor de reservas e integración con OTAs.
Toma o control dos teus Proxectos. Xestiona equipos e tafeas, controla tempo e orzamento. Todolo que precisas para xestionar e controlar os teus proxectos gañando eficacia en cada tarefa.
Aumenta a eficiencia da túa empresa. Ordena os documentos e xestiona as súas versións en formato dixital. Dixitaliza os documentos en formato físico e aforra tempo e cartos.
Crea e analiza os resultados das túas campañas de email, SMS, redes sociais ou web e automatiza cada resposta. Unha dimensión diferente para a túa comunicación dixital.
Se queres un orzamento detallado de márketing dixital, deseño web ou consultoría tecnolóxica e de negocio podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.