/ Mantemento técnico
Necesitas soporte técnico informático? Ofrecemos diferentes plans de mantemento para axustarnos ás necesidades de cada empresa. O noso servizo de soporte pode ser contratado tanto en modalidade presencial como remota na que temos unha ampla experiencia.
Nos nosos plans de mantemento, traballamos desde a perspectiva dun mantemento preventivo para que así, poidas esquecerche de calquera incidencia informática que se poida producir na túa infraestrutura tecnolóxica.
O noso servizo integral de mantemento abarca todos os niveis de soporte necesarios e para todo tipo de sistemas e infraestruturas. Mantemento e soporte para servidores dedicados, servidores Cloud ou VPS, equipos informáticos e outros compoñentes hardware e software dos que a empresa dispoña.
Tratamos de dar unha resposta inmediata por Internet ou teléfono, en función do plan contratado, e se non é posible ofrecemos servizo de asistencia presencial na nosa área de influencia.
Ofrecemos soporte técnico presencial ás empresas da área de influencia da nosa sede. Realizamos o desprazamento ata a túa empresa para resolver a incidencia cun trato próximo e directo.
Nesta modalidade de asistencia contamos con acceso remoto para xestionar a incidencia de inmediato e no mesmo momento de notificala. Preocupámonos pola túa tecnoloxía coma se fose nosa.
Cubrimos todas as áreas relacionadas co soporte de sistemas e redes informáticas. Mantemento técnico, preventivo e correctivo da infraestrutura dos nosos clientes.
Centralizamos todas as incidencias no noso propio sistema de tickets para un control e seguimento máis exhaustivo das mesmas.
Servizo de monitoraxe 24 horas para sistemas especialmente sensibles ou sistemas web. Damos unha resposta proactiva ás incidencias.
As necesidades dos nosos clientes son o máis importante para nós. Temos un sistema de prioridades para dar resposta canto antes.
Se queres un orzamento detallado de márketing dixital, deseño web ou consultoría tecnolóxica e de negocio podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.