Virtualización

/ Flexibilidade de entornos

A virtualización permite crear unha contorna informática simulada, ou virtual, en lugar dunha contorna física cunha infraestrutura hardware tradicional. Deste xeito pódese simular e illar contornas compostas por hardware, sistemas operativos, dispositivos de almacenamento…

Grazas á virtualización, as empresas poden nun mesmo equipo físico ou servidor crear diferentes contornas formadas por máquinas virtuais. Cada unha destas máquinas virtuais pode interactuar de forma independente e executar sistemas operativos ou aplicacións diferentes mentres comparten os recursos físicos dunha soa máquina host.

A virtualización mellora a escalabilidade e as cargas de traballo, á vez que permite usar menos servidores e reducir o consumo de enerxía polo que ten unha incidencia directa na redución dos custos de infraestrutura e o mantemento. Ademais, permite unha administración centralizada mellorando as políticas de seguridade e de backups.

Virtualización de sistemas

Escritorio

Utiliza un servidor centralizado para xestionar e administrar diferentes escritorios individualizados. Xestión unificada de contornas de traballo con virtualización de escritorios.

Rede

Grazas á virtualización de rede, crea proxectos en rede sen necesidade ter a infraestrutura física e asigna o ancho de banda en canles independentes a cada servidor ou dispositivo.

Software

Utiliza a virtualización de software para separar as aplicacións do hardware e o sistema operativo. Consegue a maior flexibilidade e escalabilidade, despregamento instantáneo e independente.

Almacenamento

Virtualización de almacenamento, combina varios recursos para o almacenamento en rede nun só dispositivo de almacenamento accesible por varios usuarios.

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso