Consultoría TIC

/ Tecnoloxía de vangarda

Toda empresa necesita facer uso das tecnoloxías da información, sistemas informáticos e automatización de procesos para mellorar a produtividade. As Tecnoloxías da Información e Comunicación convertéronse en elementos clave en calquera actividade empresarial e brindan novas opcións para facer fronte a un mundo cada vez máis globalizado e competitivo, permitindo estender calquera empresa a un mercado global.

Axudamos ás empresas a que se concentren na súa actividade principal grazas ao outsourcing, derivándonos a nós as actividades técnico-informáticas da empresa. Encargámonos da estratexia tecnolóxica dos teus sistemas, adaptándoos ao novo modelo de economía e reducindo a distancia cos teus usuarios e/ou clientes, permitindo o acceso a un mercado potencial maior grazas ás novas canles de comunicación.

O noso servizo de consultoría TIC transversal busca axudar e asesorar a empresas e emprendedores, converténdonos nun socio tecnolóxico que achega valor e coñecemento no uso de sistemas informáticos na empresa e na nube. Con este fin ofrecemos unha ampla gama de produtos e servizos, que se adaptan ás necesidades de cada cliente.

Consultoría en tecnoloxías da información e comunicación

Asesorámoste para a implantación do software adecuado para o teu negocio. Especializámonos en solucións de xestión empresarial ERP e CRM. Se o necesitas desenvolvemos solucións a medida baixo demanda.

Crea os teus propios plans de formación online para persoal da túa empresa ou externo. Ofrecemos asesoramento en formación e solucións tecnolóxicas para a impartición de cursos online con plataformas LMS.

Cumpre cos requisitos legais en Internet. Ter unha web aberta require unha responsabilidade legal en diferentes ámbitos. Axudámoste a cumprir con todos os requisitos legais e evitar sorpresas.

Realizamos auditorías de sistemas e redes para verificar a seguridade e integridade da infraestrutura tecnolóxica da túa empresa. Buscamos solucións e recomendacións para optimizar o teu negocio.

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso