Auditorías

/ Analizamos os seus sistemas e redes

A auditoría tecnolóxica é unha forma de identificar as principais esixencias, necesidades, debilidades e fortalezas dunha empresa, institución ou organización no ámbito dos seus sistemas de información e redes de comunicación. Con ela obtéñense cales son as principais necesidades do negocio e pódense establecer que tecnoloxías son as apropiadas para satisfacer de maneira óptima esas necesidades.

A Auditoría tecnolóxica é un bo camiño para pescudar a forma en que se poderían optimizar os procesos e procedementos internos da empresa a través do uso adecuado das tecnoloxías.

Realizamos auditorías e informes sobre as medidas técnicas e organizativas necesarias para garantir a seguridade dos sistemas de información, as cales están intimamente relacionadas coa dispoñibilidade, confidencialidade e integridade da información tratada polos ordenadores e redes de comunicación. A información e os sistemas que a soportan constitúen activos valiosos e importantes para as empresas e as institucións.

Analizamos os riscos dos seus servizos e datos corporativos, para que cumpran con todos os requisitos técnicos á vez que están conformes á legalidade vixente que sexa esixible a cada caso.

Auditoría de sistemas da información
  • Auditorías de seguridade en redes locais.
  • Test de intrusión en equipos e redes.
  • Análise de riscos segundo MAGERIT e ISO 17799.
  • Análise de aplicacións e sistemas.
  • Cumprimento LSSICE e Protección de Datos.
  • Análise forense e informes de incidentes.

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso