e-Learning

/ Tics para formación

Poñemos á túa disposición toda a nosa experiencia, creatividade e metodoloxía pedagóxica que aplicamos aos nosos propios cursos e seminarios de formación para que logres os teus obxectivos formativos a través de solucións de formación especialmente online.

Brindámoste deste xeito solucións globais de consultoría para a formación a distancia ou semipresencial a través de Internet, ademais de solucións baseadas en Intranets ou cursos a distancia en formato electrónico.

Como expertos en novas tecnoloxías aplicamos os nosos coñecementos e experiencia aos novos sistemas de aprendizaxe conseguindo unha maior interactividade entre formadores e alumnos.

Ofrecemos tanto solucións para formación exclusiva a distancia ou online, como solucións tecnolóxicas para empresas de ensino e formación convencionais como Centros de Negocios, Academias, Institutos ou Colexios.

Servizos de formación online e a distancia

Contidos e-Learning

Consultoría no desenvolvemento de catálogos de contidos. Desenvolvemento de contidos interactivos e materiais didácticos formación a distancia e online para as necesidades dos nosos clientes.

LMS e SCROM

Plataformas de xestión de contidos didácticos interactivos de forma intuitiva e sen necesidade de programar. Xestión de cursos, catálogos e medio de comunicación entre os formadores e os usuarios.

Secretaría electrónica

Solucións para a xestión de alumnado e seguimento (estatísticas, informes de acceso, comparativas..), xestión de matrículas, notas, notificacións por SMS, email e calquera outra xestión.

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso