Software

/ Solucións para negocios

Ofrecemos solucións de software e asesoramento para empresas, recomendámoste o software que mellor se adapte ao teu negocio en función das túas necesidades e obxectivos. Especializámonos en programas de xestión e planificación empresarial integral ERP, xestión de clientes e vendas CRM, Marketing Automation ou software para xestión de proxectos.

Encargámonos da configuración e parametrización dos teus sistemas, formación dos usuarios, asesoría e consultoría ou desenvolvementos a medida, tanto solucións integrais, como módulos ou adaptacións para sistemas existentes baseados en software libre que che permitan aumentar a produtividade do teu negocio e aproveitar todo o potencial do teu persoal.

Sistema de xestión de clientes

ERP: Xestión de recursos integral

Os sistemas ERP axudaranche a aumentar a produtividade, conectando ás persoas coa información que necesitan. Para isto os sistemas ERP contan con módulos moi diversos para aproveitar todo o potencial do teu equipo humano.

  • Customer Relationship Management (CRM) e asistencia técnica
  • Planificación e xestión de vendas e accións comerciais
  • Planificación de materiais (MRP) e compras en xeral
  • Planificación e xestión da Produción
  • Contabilidade financeira e análise de custos

CRM: Xestión de clientes

Consegue clientes satisfeitos, organiza a captación e retenos grazas a un software CRM. Supera as expectativas dos teus clientes e ofrécelles unha atención personalizada grazas a un potente software CRM para o teu negocio.

  • Concéntrate nos teus clientes. Orienta todo o proceso de venda ao cliente
  • Conecta máis rápido cos clientes e monitoriza a comunicación
  • Coordina as iniciativas de vendas e fai seguimento das mesmas
  • Promove a fidelización dos clientes con servizos personalizados
  • Mantén o enfoque, céntrate no realmente valioso para o cliente

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso