/ Creando solucións en liña
Aínda non tes presenza na internet? Xa estás na internet pero é coma se non estiveses? Axudamos a todo tipo de empresas e negocios a crear o seu escaparate, o seu establecemento en liña ou prestar os seus servizos a distancia por Internet.
Poñemos á túa enteira disposición a nosa experiencia na creación, desenvolvemento e deseño web. O noso equipo realizará o desenvolvemento e deseño web máis adecuado para o teu negocio, axudándoche a potenciar a túa imaxe e conseguir novas vendas.
Ademais, como consultora tecnolóxica axudámosche en todo o proceso de dixitalización da túa empresa e como expertos en márketing dixital no proceso de elaborar e levar a cabo a estratexia de márketing necesaria para alcanzar os obxectivos do teu negocio.
Non esperes máis e comeza a sacar o máximo proveito á túa presenza en liña. Pídenos un orzamento sen compromiso e aumenta os teus beneficios.
Desenvolvemos e deseñamos a carta de presentación do teu negocio, empresa ou marca persoal que che permita chegar á túa audiencia en Internet.
Especializámonos no desenvolvemento de páxinas web que respondan as necesidades específicas do sector hoteleiro, orientadas a venda directa.
Desenvolvemos e deseñamos tendas en liña, integramos pasarelas de pago, software loxístico, de distribución, seguimento de carriños, remarketing...
Poñemos en funcionamento plataformas LMS como Moodle para impartir cursos en liña ou apoio a cursos presenciais, así como para a xestión académica.
Necesitas cambiar os contidos da túa web? Creamos webs con xestores de contidos como Wordpress, Drupal, Prestashop... ou programados a medida.
Deseñamos webs centradas no móbil e adaptables a todo tipo de pantallas e resolucións, para que non perdas nin unha soa oportunidade de venda.
Deseño web en Santiago de Compostela
Desenvolvemento de páxinas web profesionais e creativas para o teu negocio
Deseño web e tendas en liña para o teu negocio en Euskadi
Se queres un orzamento detallado de márketing dixital, deseño web ou consultoría tecnolóxica e de negocio podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.