Páxinas web responsive

/ Webs multidispositivo

A maior parte das visitas que se reciben nas páxinas web realízase desde smartphones ou tabletas. Ademais, existen numerosas resolucións de pantallas diferentes en computadores ou televisións, neste sentido, cada vez máis exiten máis dispositivos e terminais con diferentes resolucións e tamaños que se utilizan para acceder aos sitios web.

Para evitar problemas visuais, desenvolvemos sitios e aplicacións web responsive que se adaptan automaticamente a calquera dispositivo. Grazas a estas tecnoloxías todos os nosos proxectos achegan unha experiencia de usuario satisfactoria e dinámica ao usuario independentemente do dispositivo que utilice para acceder á páxina web.

Non só desenvolvemos páxinas web responsive. Aplicamos as recomendacións de Google, da W3C e outros buscadores para facer que as webs a parte de adaptarse a todas as pantallas teñan en conta o crecente número de usuarios móbiles seguindo as directrices mobile first para priorizar a usabilidade neste tipo de dispositivos.

Páxinas web responsive

Contidos responsive

Os contidos deben adaptarse a todo tipo de dispositivos para evitar o risco de que o usuario teña que recorrer ao scroll horizontal para visibilizar a páxina, o que entorpece a navegación.

Experiencia de usuario

Para ofrecer unha excelente navegación multipantalla, no móbil o usuario debe poder utilizar un só dedo para desprazarse por toda a pantalla. Simplificar a navegación sen múltitud de pestanas.

Usabilidade móbil

Creamos deseños centrados para facilitar as accións cun clic en pantallas de reducido tamaño. Botóns grandes e accesibles adaptados ao dedo para facilitar a navegación táctil.

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso