Hosting

/ Presenza en Internet

Ofrecemos plans de aloxamento web na nube con todo o que necesitas para o teu proxecto ou negocio. Os nosos servidores e infraestrutura atópanse en centros de datos con conectividade redundante de banda ancha e contamos coas últimas tecnoloxías.

Dispoñemos de servidores aloxados nos principais centros de datos de Europa, España ou Canadá, así como podemos ofrecer servizos de aloxamento web noutras rexións do Mundo baixo pedido, para aproveitar as vantaxes de estar preto dos potenciais visitantes ou clientes da túa empresa. Tódolos nosos servidores contan con enlaces internacionais de alta capacidade para chegar a calquera cliente en calquera país.

Os nosos servidores están deseñados para respectar o medio ambiente, e seguen unha política permanente de aforro de enerxía. Están equipados con compoñentes de baixo consumo eléctrico sen interferir na potencia dos mesmos. Ademais, os servidores dispoñen dun sistema de refrixeración líquida que permite un aforro considerable no centro de datos onde se atopan aloxados ao non ter que incorrer na necesidade de refrigerar as salas de forma exclusiva con aires acondicionados onde se produce a maior parte do consumo eléctrico.

Hosting e dominios na nube

Xestionamos o rexistro e renovación de dominios nas extensións que os nosos clientes demandan. Traballamos con dominios xenéricos, territoriais ou as máis de 2.000 novas extensións.

Solucións de correo electrónico corporativo baixo o teu propio nome de dominio. Obtén o teu propio email co teu hosting ou contrata un plan específico con maiores prestacións na nube.

Ofrecemos e configuramos certificados web SSL para conexións seguras ao teu sitio web. Os teus usuarios web navegarán de forma segura e terás un plus para o posicionamento web.

Hosting para páxinas web ou aplicación na nube en servidores compartidos da última xeración. Se estás a empezar co teu negocio esta é a mellor opción para aloxar o teu proxecto en Internet.

Aprovéitate das vantaxes dun servidor propio e a potencia da nube. Servidores virtuais VPS e Cloud para adaptarnos ás necesidades concretas de cada negocio ou proxecto.

Toda a potencia dedicada dun servidor propio para o teu negocio. Ofrecemos servidores dedicados baixo dispoñibilidade en modalidade de administración completa ou administrados polo cliente.