/ Seguridade en web e apps
Un certificado SSL serve para brindar seguridade ao usuario dunha páxina web, é unha forma efectiva de indicar que o sitio é real, seguro e confiable sobre todo para a introdución de datos persoais ou outra información importante. Os certificados SSL permiten que o contido dunha web ou calquera outro servizo en Internet viaxe de maneira íntegra e segura, grazas a que os datos viaxan dende o servidor ao equipo do usuario e viceversa de forma cifrada ou encriptada.
O cifrado nas comunicacións en Internet ten unha importancia clave para asegurar os datos e garantir a integridade dos mesmos. Ao utilizar un certificado SSL asegurámonos que ninguén pode ler o contido das comunicacións nin alterar o contido das mesmas.