/ Creamos o que necesitas
Desenvolvemos programas e aplicacións a medida para a xestión da túa empresa ou negocio. Ofrecémoste a posibilidade de desenvolver un programa completamente novo e xenuíno para ti, ou ben realizamos adaptacións e integracións de software libre existente para a xestión completa do teu negocio, ou algún departamento.
A programación a medida, ou de módulos para software libre, permiten á túa empresa maior flexibilidade que o software comercial privativo e pechado, grazas a que poderás ir adaptando as ferramentas de traballo da túa empresa ás necesidades que teñas en cada momento, de modo que o software que xestiona o teu negocio evoluciona coa túa empresa.
Apostamos por este tipo de servizos, de programación a medida ou personalizada, para ofrecer solucións aos obxectivos específicos dos nosos clientes, achegando as vantaxes que ofrecen as tecnoloxías máis actuais. Ademais, estudamos e analizamos as necesidades existentes nas empresas para a confección das aplicacións. Realizamos un estudo detallado das necesidades e do funcionamento da empresa.
Creamos aplicacións completamente a medida, aplicacións de xestión empresarial, software de escritorio ou cliente-servidor para cubrir as necesidades dos nosos clientes.
Desenvolvemos módulos e adaptacións de software libre para o teu negocio. Creamos as funcionalidades extra que necesitas para o teu software ERP e CRM para cumprir coas túas expectativas.
Unha vez postas en marcha as solucións contratadas, ofrecémoste unha oferta de servizos postventa como a formación e soporte para o uso do software que se desenvolveu para o cliente.
Se queres un orzamento detallado de márketing dixital, deseño web ou consultoría tecnolóxica e de negocio podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.