/ Solucións para a túa TV
Os televisores que se comercializan na actualidade incorporan o sistema SmartTV, un sistema propio, onde o usuario experimenta e mellora a súa comunicación coas diversas marcas que proporcionan aplicacións, coma se dun teléfono móvil se tratase.
As aplicacións para SmartTV ofrecen ao usuario un plus, un valor engadido, e permiten unha comunicación directa do usuario coa túa marca a través dun dos electrodomésticos máis utilizados do fogar.
Somos expertos no desenvolvemento de todo tipo de aplicacións, e ofrecémoste a posibilidade de desenvolver a túa aplicación para SmartTV, personalizada e adaptada ás túas necesidades á vez que integrada na túa estratexia dixital.
Podemos asesorarte en todo momento e axudarte a enfocar a estratexia para a túa aplicación para SmartTV. Consúltanos e informarémoste das mellores ideas para incorporar ao teu proxecto.
Aproveita este novo medio de comunicación co cliente. Comunicación multiplantalla cos teus clientes utilizando todos os dispositivos do fogar, mellorando a súa experiencia de usuario.
Unha nova canle para realizar ou comezar vendas. Engade outro compoñente ao ciclo de vendas do teu negocio, ofrece información para quen comeza o seu ciclo de compra ou a opción de comprar.
Programamos aplicacións para SmartTV das principais marcas. Dende aplicacións para Android TV ou Apple TV a sistemas propios das televisións dos principais fabricantes como Samsung ou LG.
Se queres un orzamento detallado de márketing dixital, deseño web ou consultoría tecnolóxica e de negocio podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.