Chatbots

/ Robots de soporte online

A forma na que se comunican os usuarios en Internet está a cambiar, cada vez é máis importante a comunicación bidireccional e interactiva, como pode ser unha conversa, deixando atrás a comunicación na que o usuario tiña a iteracción exclusiva cunha páxina web con información estática.

As persoas prefiren comunicarse de forma natural e obter resposta ás súas inquedanzas de forma directa e rápida. Por isto, ter un chatbot ou bot automático que permita responder as preguntas dos usuarios de forma natural a través de diálogos cotiáns é unha solución que achega un gran valor e experiencia positiva para os clientes da túa empresa.

Ofrecémoste a programación de chatbots para a túa empresa totalmente personalizados para implementalos na túa páxina web, Facebook, Telegram... ou calquera outro canles de comunicación por medio das mensaxes texto que consideres.

Xestiona o coñecemento do teu chatbot de forma simple, aprende dos teus clientes, das súas preguntas, das súas inquedanzas. Aproveita as vantaxes que che ofrece un chatbot e beneficiate de todo o coñecemento que podes adquirir a través do mesmo.

Programación de Chatbots

Atención ao cliente

Ofrece un servizo de antención ao cliente de primeira rápido, económico e eficiente. Poderás aforrar custos pasando ao departamento de atención ao cliente só as dúbidas que realmente necesitan atención humana.

Axuda interactiva

Substitúe as preguntas frecuentes e ofrece unha forma máis dinámica e atractiva para o usuario de acceder á información e consultas a calquera dúbida que os usuarios teñan sobre os teus produtos e servizos.

Fideliza clientes

Crea unha experiencia de usuario enriquecida ao proporcionar de forma sinxela e áxil resposta a aqueles temas que interesan ou queren consultar os teus clientes, ofrece respostas inmediatas.

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso