Software de xestión

/ Xestiona a túa empresa de forma fácil

Ofrecemos solucións de xestión empresarial e de clientes baseadas en software libre como Odoo e SuiteCRM para proporcionarche maior dinamismo e flexibilidade na túa empresa ou as solucións de software de pago que mellor se che adapten.

Co software de xestión adecuado poderás reducir custos, aumentar os ingresos, gañar novos clientes a nivel local e internacional e mellorar a competitividade da súa empresa. Conseguirás unha xestión completa, integral e dispor de datos únicos da túa empresa que che axudarán a enfrontar o mercado actual tan competitivo.

Somos expertos recoñecidos na implantación de solucións de negocio ERP, de xestión de clientes CRM e Marketing Automation para a xestión das necesidades empresariais. Grazas a estes programas poderás organizar a información da empresa, mellorar a comunicación entre empregados, optimizar procesos e facilitar a toma de decisións grazas á ampla información coa que poderás traballar.

Software de xestión

Xestión integral, ERP

Traballamos con Odoo como base para implementar solucións a medida das túas necesidades en software de xestión empresarial. Unha solución integral para todos os aspectos da túa empresa, contables, financeiros, recursos humanos, xestión de tarefas...

Xestión de clientes, CRM

As nosas solucións de xestión de clientes baséanse en SuiteCRM un potente software que permite facer un seguimento completo das túas accións comerciais e seguimento de clientes para que non se che escape ningunha oportunidade de venda.

Marketing automation

A automatización de tarefas de Marketing a través de software específico é unha solución que facilita e permite levar unha estratexia de éxito en marketing. Ofrecémoste solucións de software para marketing Automatión adaptadas ás túas necesidades.

Suite DelSol

Implementamos e integramos a suite DelSol (FactuSOL, ContaSOL, NominaSOL...), tan coñecida no mercado español para a xestión empresarial. Somos partners de DelSol para a venda de licenzas deste software e asesorámoste.

Módulos a medida

Programamos as adaptacións necesarias para integrar o software coas necesidades da túa empresa e outros programas cos que traballes. Programamos módulos e características adicionais para cubrir as túas necesidades específicas.

Solucións a medida

Se tes outro software ou queres implementar na túa empresa un software diferente aos que aquí che recomendamos, consúltanos e valoraremos a implementación e integración da solución proposta.

Axudámoste?

Se queres máis información sobre os nosos produtos ou servizos só tes que cubrir o formulario que aparece a continuación cos teus datos e unha descrición das túas necesidades ou dúbidas.

Para un orzamento a medida de marketing dixital e deseño web, podes solicitar directamente un orzamento a medida para o teu proxecto.

Pide orzamentosen compromiso